Alcrique Coop. Galega

Quiénes somos

Alcrique somos dúas arbores coas raíces na terra e a natureza. Somos un paso adiante que leva á práctica un modelo produtivo respetuoso co medio, así como unha economía sustentábel e libre de químicos. Ao mesmo tempo, o noso modelo céntrase na interacción entre as distintas especies vexetais e animais. Isto é a agroecolóxia

Nuestras fincas

.Alcrique Dispón De Hortas En Tres Terreos Traballados Onde Cultivamos Os Noso Produtos.
Son tres terreos que levan na familia xa moita vida. Atesouran historias e vivenzas, incluso algunha historia comun ao patrimonio cultural galego. O Laranxo é unha estensión de 7000 m². Está situado na parroquia de Bertola, Vilaboa. É unha terra limoareosa usada pola tradición familiar para plantar especialmente horta e millo. Tense empregado ademais para amorear as espigas do millo recollidas do resto de veigas, xa que esta é a máis próxima a casa. Seguidamente, A Carballeira, tamén en Bertola, é unha parcela dedicada a árbores froiteiras. A Granxa de Tomeza é unha estensión de hortas dunha hectaria a prado. Nela viven as nosas vacas cachenas. Alí temos situado tanto o viveiro de planton para comezar a tempada, como a horta de herbas medicinais.

Tipos de agricultura

En Alcrique, inda que camiñamos cara a certificación de agricultura ecolóxicca, dado que levamos pouco de camiño neste proxecto non podemos certificar, mais practicamos a agroecoloxia e a filosofia do 0% de uso de químicos. A agroecoloxía atópase entre as diversas tendencias, escolas ou filosofías que existen dentro do termo recoñecido “legalmente” como agricultura ecolóxica, biolóxica ou orgánica. A agroecoloxía xorde da positiva interacción entre as disciplinas científicas e as comunidades rurais. Ademais tenta progresar a sociedade nun desenvolvemento alternativo.
Este sitio emplea cookies propias y de terceros para prestar sus servicios y para analizar el tráfico. Agroboca recibe información sobre tu uso de este sitio web. Si utilizas este sitio web, se sobreentiende que aceptas el uso de cookies.